Daniel dobrou mil veces o cabo de Fornos entre cons e areas resumidas. Singladuras incógnitas. Tamén a desta bitácora na que se embarcou sen preguntas. Leva o nordés nas costas salpicadas da salitre que (o) persigue.
Se miro ao horizonte cotián, el sempre está entre as néboas, coa ollada posta onde só el saberá. A cámara (des) enfocándoo é só unha testemuña cómplice do seu estar no mundo.
3 comentarios:
O SORRISO
"Creio que foi o sorriso,
sorriso foi quem abriu a porta.
Era um sorriso com muita luz
lá dentro, apetecia
entrar nele, tirar a roupa, ficar
nu dentro daquele sorriso.
Correr, navegar, morrer naquele sorriso."
Eugenio de Andrade
Menudo homenaje Daniel!
Qué bonitas las fotos y el texto Rafa!
La tercera también me gustaba,
Y la poesía me encanta. otro homenaje anónimo.
Saludos
Que forza que tiñas
daquela maneira
sen nada que dar.
E facer de todo,
ademais de cantar,
e bulir...
de aquí para alá,
ademais de liscar.
Andar a correr,
coller e pillar,
saltar e berrar
por riba do mar.
Así, sen máis,
Daniel e mais eu
viaxar a soñar.
Publicar un comentario