Mostrando las entradas con la etiqueta Flora e fauna. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Flora e fauna. Mostrar todas las entradas

10/12/16

Outonear

 


Fotografío as follas que golpean a miña retina, ocres, amarelas, maxentas, vermellas,  neste outono que, prolongado, dá á natureza o tempo necesario para incluir nas árbores unha extendida paleta de córes. Fago as fotos coa conciencia da metáfora que, ao igoal cás follas que caen, peneira sobre a nosa conciencia nese calendario doce e cruel que se nos impón co paso das estacións polas nosas vidas.
A beleza cóbrase, coa evidencia do paso do tempo que traduce, o gozo que provoca a contemplación. É un tributo á fuxida dos meses que se acumula na superficie das follas; tintes na voz do verán que fuxíu, que apagan os salgados pálpitos de Lagoelas, os brancos da canícula nas areas rendidas baixo o pracer do meu corpo: brancos estivais fronte a ocres; mineralidade alba das areas graníticas fronte á organicidade en descomposición. Pracer de vivir fronte a memento mori... ou é o mesmo?

Arces, Ginkgos, Tulipeiros, Choupos, Alciprestes dos pantanos, Álamos e Bidos dos xardíns do Náutico... deitan postmorten sobre a herba sempervirens as probas ineludibles deste outono felizmente sen segadores, sen xardiñeiros, sen barrendeiros, sen burócratas que asesinen falsamente pulcros a súa beleza caduca. Follas aserradas, lisas, lobuladas, simples, compostas, acículas, nervacións, pecíolos vermellos, limbos brancos que reservan a sorpresa cromática dun dorso de sangue ou solpor... caen sen orde aparente para formar un lenzo anónimo e precioso aos nosos pés. Se sentamos un tempo as nosas ansias, poderemos velas voar (zig-zag, reviravolta, música, levidade, destino) dende a ponla desagradecida ata un chan acolledor: ese precioso baile final.




Traballar as cores coa Pentax K1 --armada cun vello obxectivo fabricado na antiga DDR: un Carl Zeiss Jena 135mm F3,5, construído polas mans proletarias daquel soño que non foi-- transfórmase noutro pracer engadido. Baixar a toma a rentes do chan, usando a vista en vivo e a pantalla LCD abatible e basculante, permite un punto de vista que mete no encadre, difuminándoo, o manto colorido. Cada vez valoro máis esta versatilidade da pantalla que posibilita encadres imposibles sen romperse as costas no intento.

Para acadar este efecto pictórico e aproveitar ao máximo as posibilidades de tanto colorido, o diafragma debe situarse á máxima apertura (non é un obxectivo moi rápido: un f3,5) para graduar o desenfoque e acadar ese bokeh suave que producen os CZJena. Elixir a liña que irá a foco (este obxectivo descoñece os automatismos das lentes actuais e ten un longuísimo percorrido manual do seu xeneroso aro de enfoque), figura e fondo, non é difícil, pois as formas e córes de cada folla fan que calquera delas poida ostentar ese protagonismo que dá aos obxectos e ás persoas seren enfocados na escena.

No revelado dixital do arquivo RAW orixinal, non foi necesario reencadrar: os bordos do encadre, conformados pola saturación espacial que dá esa variedade de formas e córes, non precisan de modificación ningunha, ás veces necesaria por mor da aparición deses elementos que se colan no momento da toma por falta de atención ou imperativos da focal, da perspectiva ou das circunstancias concretas que impiden pechar a foto no disparo.

O resto do revelado, o habitual cando seleccionamos como arquivo o negativo dixital en lugar do comprimido JPG: axustar niveis, contraste e lixeira máscara de enfoque, imprecindible neste fluxo de traballo fotográfico.

Na foto en branco e negro quixen traducir as cores a escadas de grises, contrastes sobre un ceo azul que, no virado, transfórmase nun fondo apropiado ás formas das árbores espíndose. Vin como unha das árbores xa perdera por completo a folla e utiliceina de contrapunto ao tulipeiro de Virxinia que aínda as conserva (a farola, núa na súa inorganicidade, tamén se introduce para contapuntear). Esperei para que unha folla caíndo completara a escena; momento decisivo, só como unha nota a pé de páxina, baixo as ponlas no tercio inferior da imaxe.

Usei para o virado a b/n o excelente programa Silver Efex Pro, que prové útiles ferramentas para un control manual do proceso.



25/12/14

Sobre a mirada





Esas follas retorcidas, esquecidas nas beiras dos camiños,  que a miña cámara invade impúdica e admirada.

16/2/13

Chegará a primavera


Abarca o vello xardín da Alameda viguesa, axitando a memoria dos paseantes coas súas vafaradas de arrecendo fondo e agridoce.
Cada unha das milleiras flores albas do loureiro real exclama: vén outro ano, vén a primavera: axiña pasarán os malos e fríos tempos do noso longo e duro inverno.
E murmurian: voltarán as esperanzas e os desexos.

Abraza el viejo jardín de la Alameda viguesa, agitando la memoria de los paseante scon sus vaharadas de olor hondo y agridulce.
Cada una de las miles de flores albas del laurel real exclama: viene otro año, viene la primavera: pronto pasarán los malos y fríos tiempos de nuesto largo y duro invierno.
Y susurran: volverán las esperanzas y los deseos.

Alameda, Vigo 16.02.2013

13/10/12

Vaise o verán













Fóiseme o verán, cos golpes xa sen forza do sol poñente nas chorimas de Aldana, serpenteando nas augas baixas de setembro, abandoando xa desfeitos os colares de cunchas do Atlántico nos cemiterios plateados das pozas das restingas.
Fóiseme co bris fresco que abanea, nun adeus, as pallas ventureiras dos cantís e os axóuxeres dos xuncos ribeireños: ata logo, ata logo...
E como quen non quere a cousa, váiseme co monte tinguido da flor da uz e do salouco final do cardo da ribeira que se resiste a deixar de ser estrela.
Vaise, ao cabo, glorioso de tormentas sobre as Cíes, abríndolle á cámara, de novo, a saudade dos grises, dos ocres e amarelos doutro outono que desperta.

Se me fue el verano, con los golpes, ya sin fuerza, del sol poniente en la flor del tojo de Aldana, serpenteando en las aguas bajas de septiembre, abandonando ya desechos los collares de conchas del Atlántico en los cementerios plateados de las pozas de las restingas. 
Se me fue con la brisa fresca que abanea, en un adiós, las pajas ventureras de los cantiles y  los sonajeros de los juncos ribereños: hasta luego, hasta luego...
Y como quien no quiere la cosa, se me va con el monte teñido de la flor del brezo y do gemido final del cardo de las dunas que se resiste a dejar de ser estrella.
Se va, finalmente, glorioso de tormentas sobre las Cíes, abriéndole a la cámara, de nuevo, la saudade de los grises, de los ocres y amarillos de otro otoño que despierta.

Ría de Aldán / Ría de Vigo (última foto)

11/6/12

Perdidas nos prados



Entre os tréboles, diminutas: tan soas, tan delicadas, tan bellas!
Milagres dos ourives que habitan os prados

25/3/12

La orquídea de acero #55


Amarte en esta guerra que nos va desgastando 
y enriqueciendo. 
Amarte sin pensar en el minuto que se escurre 
y que acerca el adiós al tiempo de los besos. 
Amarte en esta guerra que peleamos, amor,
 con piernas y con brazos. 
Amarte con el miedo colgado a la garganta. 
Amarte sin saber el día del adiós o del encuentro. 
Amarte porque hoy salió el sol entre nuestros cuerpos 
apretados 
y tuvimos una sonrisa soñolienta en la mañana. 
Amarte en toda esta incertidumbre, 
sintiendo que este amor es un regalo, 
una tregua entre tanto dolor y tanta bala, 
un momento inserto en la batalla, 
para recordar cómo necesita la piel de la caricia 
en este quererte, amor, 
encerrada en un triángulo de tierra.

Gioconda Belli

10/7/11

Saúdo ao cair da tarde de verán


Cando a tarde precipita a derradeira luz do sol deste verán recén nomeado, gabea polos pétalos e ilumina impúdica o desexo de vivir para sempre a calidez efímera que se deita no noso xardín e na nosa pel.

Cuando la tarde precipita la última luz del sol de este verano recién nombrado, trepa por los pétalos e ilumina impúdica el deseo de vivir para siempre la calidez efímera que se acuesta en nuestro jardín y en nuestra piel.

Alameda, Vigo

6/10/10

Estrela


¡Ai dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!
(De Manuel Curros Enríquez-1891 a Rosalía de Castro)

¡Ay de los que llevan en la frente una estrella!
¡Ay de los que llevan en los labios un cantar!
(De Manuel Curros Enríquez -1891 a Rosalía de Castro)

Inmaturo de Gaivota patiamarela (?)
Porto de Cangas, Galicia
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]

18/8/10

Arroás

Ao tempo que camións de entullo e vergonza enchen a ría, eles nadan á nosa beira marmuriándonos ao ouvido,  feríndonos a vista cos seus choutos de metal: sálvanos!.
E penso que aínda hai milagres.
Irmán arroás!



Al tiempo que camiones de escombro y vergüenza llenan la ría, ellos nadan a nuestro lado murmurándonos al oído, hiríendonos la vista co sus saltos de metal: sálvanos!. 
Y pienso que aún hay milagros.
Hermano arroás!

Arroás -Delfín mular- (Tusriops truncatus), na ría de Vigo.
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]

8/5/10

Ventureiras II

Espantadas dos parterres, ceibadas das burocracias dos xardíns, erguen o colo dende as fendas mariñeiras  dos peiraos da  Laxe, arrecenden imperfectas libertarias a salitre e a virazón, cando contemplan, ruborizándose efímeras, esas augas trémulas da dársena que lembran aos incrédulos que o Atlántico remata cada día aos nosos pés.
Ventureiras I

Espantadas de parterres, liberadas de las burcracias de los jardines, levantan el cuello desde las grietas marineras de los muelles de A Laxe, huelen imperfectas libertarias a salitre y a brisa, cuando contemplan, ruborizándose efímeras, esas aguas trémulas de la dársena que recuerdan a los incrédulos que el Atlántico termina cada día a nuestros pies.
Ventureiras I 


Dársena de A Laxe, Vigo

27/2/10

Pardal



Rebulen polas fendas da miña ollada dende sempre. 
¡Irmán pardal!

Rebullen por las grietas de mi mirada desde siempre
¡Hermano gorrión!

Alameda, Vigo

14/2/10

Gaivotas choronas (Larus ridibundus)





Andan estes días poboando de arrechouchíos as dársenas. Fóra de Galicia chámanas gaivotas reidoras. Para nós, choran. Seráche por algo.

Andan estos días poblando de chirríos las dársenas. Fuera de Galicia las llaman gaviotas reidoras. Para nosotros, lloran. Por algo será.

Bueu

8/9/09

Pepito grillo





Cando se me cansa o ánimo no mundo grande, dirixo a ollada cara o perfecto, silandeiro e transcendente mundo pequeno que nos rodea. E sobre unha flor que derrama as súas córes, pode estar esperando a que te achegues co teu ollo de vidro, un pequeno grilo do mato para que o escoites expresar a conciencia do minúsculo.

Cuando se me cansa el ánimo no mundo grande, dirijo la mirada hacia el perfecto, silencioso y transcendente mundo pequeño que nos rodea. Y sobre una flor que derrama sus colores, puede estar esperando a que te acerques con tu ojo de vidrio, un pequeño grillo del matorral para que lo escuches expresar la conciencia de lo minúsculo.

infa de Grilo do mato -saltón longicornio- (Tettigoniidae, sp) ?

Vincios, Gondomar, Pontevedra

16/8/09

A vida cotiá das anduriñas


Aunque resulte curioso, hizo que cuando la vi me viniese a la mente "La ventana indiscreta" de Hitchcock. El formato estirado hace que la fotografía aparente ser un edificio de apartamentos, y cada cable un piso distinto, en el que sus inquilinos hacen vida normal, sin ser conscientes de que están siendo observados. Casi puedo ver reflejados los estereotipos: en el primer piso el portero, luego las dos marujas cuchicheando y espiando al portero a través de la ventana del patio interior, arriba el cachas/ligón en medio de su tabla de ejercicios diaria, y en el ático, el anciano amargado, que nos da la espalda. En mi opinión, es esta cierta "humanidad encubierta", mezclada con algo de humor, lo que le concede un toque especial.
[comentario escrito por
Dco no foro de Pentaxeros]

Anduriña do cu branco (cast. Avión común) Delichon urbica
Perros Guirec, Bretaña, Francia

31/5/09

Tempo das bolboretas

Cal será o tempo das bolboretas?

daralles tempo a pensar en nós? pensarán que nos atemorizan os seus ocelos?
aquelaranse de mañán cedo para impresionarnos?
Onte, contemplando polo visor tanta beleza de ocres, vermellos e laranxas, solicitei ao horizonte perdón por todas e cada unha das veces nas que enchín os meus dedos de neno das córes do pó máxico da súas ás.

Cuál será el tiempo de las mariposas?

les dará tiempo a pensar en nosostros? pensarán que nos atemorizan sus ocelos?
se acicalarán por la mañana temprano para impresionarnos?
Ayer, contemplando por el visor tanta belleza de ocre, rojos y naranjas, solicité al horizonte perdón por todas y cada una de las veces en las que llené mis dedos de niño de los colores del polvo mágico de sus alas.


Vanessa atalanta

Nome común: Vulcana ou "mariposa de la reina"
Familia: Ninfálidos

Costa de Cangas a Liméns (ría de Vigo)

28/4/09

Maternidade

Esta foto colgueina no foro de Pentaxeros. Aí, tras diversos comentarios doutros foreiros, funlle engadindo comentarios... así:

A desaturación da foto, realizada no procesado, pretende salientar o motivo principal deixándoo a cór sen ter que dar un gran recorte. Non recortei porque  me gustaba o fondo, as árbores, o ceo. A muller daba de mamar no parque ao seu neno e, preto dela, ás súas costas, florecía unha preciosa lila. A cór permite fixar a ollada no pequeno motivo principal e vencellar a maternidade ao froito -as lilas conservan flor e froito maduro á vez durante moito tempo- e ao futuro -dous cativos de distinta idade que participan lonxanamente na composición-.
A árbore da lila é especial. Ten unha pequena copa aparasolada e en plena floración destaca nestes xardíns, dando, xunta coas buganvillas e glicíneas, os necesarios toques de cór sobre o fondo da variada gama de verdes das outras especies. O froito é espectacular, moi grande en relación co tamaño da árbore e leñosa...
Mais, sigamos fornecendo o senso simbólico da imaxe: o froito da lila parécese a unha vieira, a unha venera (Pecten maximus), ese molusco bivalvo de cuxa cuncha naceu, segundo a mitoloxía clásica, Venus, símbolo dende a antigüidade do amor. 
O froito é realmente solprendente, con dúas valvas leñosas durísimas que se abren suxerentes ofrecendo as súas sementes.

Esta foto la colgué en el foro de Pentaxeros. Ahí tras diversos comentarios de otros foreros, le fui añadiendo comentarios... así:
La desaturación de la foto, realizada en el procesado, pretende destacar el motivo principal, dejándolo en color, sin tener que dar un gran recorte. No recorté porque me gustaba el fondo, los árboles, el cielo. La mujer daba de mamar en el parque a su hijo y cerca de ella, a su espalda, florecía una preciosa Lila. El color permite fijar la mirada en el pequeño motivo principal y vincular la maternidad al fruto (las Lilas conservan flor y fruto madura a la vez) y al futuro (dos niños de distinta edad que participan lejanamente en la composición).
El árbol de la Lila es especial. Tiene una pequeña copa aparasolada y en plena floración destaca especialmente en estos jardines, dando, junto con buganvillas y glicíneas los necesarios toques de color sobre el fondo de una variada gama de verdes de las otras especies. El fruto es especacular, muy grande en relación con el tamaño del árbol y leñoso. 
Pero sigamos alimentand
o el sentido simbólico de la imagen: el fruto de la lila  se parece a una vieira, a una venera (Pecten maximus), ese molusco bivalvo de cuya concha nació Venus, según la mitología clásica, símolo desde la antigüedad del amor. El árbol de las Lilas es realmente precioso y singular. 
El fruto es realmente sorprendente, con dos valvas leñosas durísimas que se abren sugerentes, ofreciendo sus semillas. 

Xardín de Montero Ríos, Vigo

17/4/09

Ventureiras

Sei que as fouces negras seiturarán toda beleza nos prados de primavera: xusto despois de que collas entre os dedos os pétalos da dúbida.

Sé que las hoces negras segarán toda belleza en los prados de primavera:
justo después de que cojas entre los dedos los pétalos de la duda.


Xardíns de Montero Ríos, Vigo

13/4/09

De caza

Onte fun cazar á enseada de san Simón, alí onde nacen a ría e o sol. Pouco trofeo para tanta adicación. En resume: unha femia de parrulo real salvaxe aquelándose na beira (moveume a cola, a moi confiada), unha avéspora empeñada en darme as costas e, finalmente, as flores da glicínea onde deberían estar as abellas que debían ser fotografadas ese serán de domingo no que saín á caza incruenta das cousas pequenas da nai natureza e non fun quen de apañar máis cá isto.
Si, alí onde nace o grande lago vigués e as aves repousan ollando o solpor entre os alicerces de Rande, alleas ás milagres do día da resurrección do señor. Amén.

Ayer fuí a cazar a la ensenada de San Simón, allí donde nacen la ría y el sol. Poco trofeo para tanta dedicación. En resumen: una hembra de ánade real salvaje acicalándose en la orilla (me movió la cola, la muy confiada), una avispa empeñada en darme la espalda y, finalmente, las flores de la golcinea donde deberían estar las abejas que debían ser fotografiadas esa tarde de domingo en la que salí de caza incruenta de las cosas pequeñas de la madre naturaleza y no fui capaz de recoger más que esto.
Sí, allí donde nace el gran lago vigués y las aves reposan mirando el atardecer entre los cimientos de Rande, ajenas a los milagros del día de la resurrección del señor. Amén.

Arcade, Pontevedra

10/4/09

Air mail

(adicada a Andulfo)
Non hai distancias para unha gaivota que coñece cada vento, cada role, cada térmica: elas debuxan coas azas o mapa do ceo para que nós tracexemos os roteiros das viaxes soñadas.

No hay distancias para una gaviota que conoce cada viento, cada role, cada térmica: ellas dibujan con las alas el mapa del cielo para que nosotros tracemos las rutas de los viajes soñados.

Espigón do Náutico, Vigo