Afortunadamente, aínda quedan pantasmas no Casco Vello. A eles, tanto lles ten os franceses e a reconquista.Afortunadamente, aún quedan fantasmas en el Casco Antiguo. A ellos les dan igual los franceses y la reconquista.
Praza da Constitución, Vigo
Afortunadamente, aínda quedan pantasmas no Casco Vello. A eles, tanto lles ten os franceses e a reconquista.
Fendido ata alma o castiñeiro do Caurel obsérvame dende o seu ceo verde: dentro del a miña pel a súa, a súa seiva o meu sangue.
Primeiro foron uns xeonllos incansables, naquela cociña matriz sempre co seu arrecendo a leite recén fervido: al paso... al trote... al galooopeee!. Logo cabalguei na alucinante montura da peluquería Loroño -coido que un pinto con moitas horas de galopada no seu lombo-, ao tempo que espallaba anacos de infancia loira polo chan, hoxe en Rio Grande, mañán en Wichita ou aos pés dos bisontes das pradeiras, perseguido por Pawnes, Sioux, Cheiéns, Comanches, Crows, Kiowas ou Arapahoes.
Ás veces esperto erguido sobre a gran onda rozada coas xemas dos dedos para non cair. Ás veces retorno ao mar cabalgando sobre lembranzas de salitre e vento fresco na cara.
Pendurado de ningures atardece o Casco Vello. Abandoado. Sen respostas, amarrada ao Castro esmorece a fábrica do pan coa vergonza de resistir a tanta incuria. Pero a beleza agochada abroia, esbara e penetra no 50mm apostado nas últimas raiolas do día, que a brochazos dourados e azuis poñen fin ao serán na dársena do Berbés. Coma se fosen as derradeiras e eu estivese alí para certificalo coa miña cámara.
Sempre penso: unha estrada deitada sobre o horizonte. Eternamente.
Había case vinte anos que fixera a mesma travesía pola ría de Bilbao. Daquela quedei cautivado pola presencia absoluta da decandencia industrial nas marxes do Nervión, esqueletes de ferro e fumes antigos que me asulagaron os ollos de xigantes moribundos e me encheron dun silenzo de buguinas de fábricas mortas. Cando alguén me preguntaban daquela por Bilbao, eu dixíalles que me fascinaba, co que provocaba no meu interlocutor un aceno de rexeito e incomprensión: -é tan sucio, tan mazacote, tan gris...
Atracou en Filé como quen cumpre un ritual antigo, con ese moverse naturalmente ceremonioso que teñen os señores do Nilo. Pel escura e ollada azul da Nubia perdida. Deslizou os dedos pintados de menceres e lúas, para acariñar un feixe de colares de madeira e ofrecelos en silenzo (esa expresión de África á vez ensimismada e fonda), témedamente, aos seus pasaxeiros.
Fíxena agora hai xusto dous anos, case recén estreada a Pentax K10D, co 18-55 do kit, que finalmente se amosou como unha boa lente.

O seu zumbido aleteou a primavera nos meus ollos. Xa vén. E espalla o manto de flores da vida lembrándonos outra volta a importancia de ollar o mundo e libar con paixón as súas marabillas. Esta primavera permíteme probar un objectivo máxico co que quero abrir unha porta ás formas e colores das cousas e seres pequenos que nos rodean: o SMC Pentax A* 200/4 macro é unha xoia que aprendo estes días a cabalgar, disfrutando co intento continuo de enfocar a man con tan escasa profundidade de campo.
A miña cidade é un muro informe de formigón que gabea monte arriba, mar adentro, en vinganza por tanta belleza natural regalada. A miña cidade tenlle declarada a guerra permanentemente ao mar. Aquí, mesmo a gaivota que cingue poderosa o vento de San Simón a Cíes, é só un vil parásito que carroñea os detritus cotiáns duns miles de cabreados señores do asfalto.
Los nombres se me amontonan en la memoria: Begoña, Montserrat, Santa María. Los nombres, el estremecimiento de su sirena ocupando todo mi espacio infantil de un golpe. Sólo mucho más tarde supe que los gemelos Montserrat y Begoña habían sido unidades militares de la armada USA vendidas sólo unos días antes de yo nacer a la Compañía Trasatlántica Española. Bilbao-Santander-A Coruña-Vigo-Cádiz-Las Palmas de Gran Canaria-Santa Cruz de Tenerife-La Guaira-Cartagena-Kingston-Curaçao-La Guaira-Trinidad-Santa Cruz de Tenerife-Vigo-Santander-Southampton, ¡aquellas si que eran singladuras!.
Hai algo mellor que pasearse polas beiras do Sena en París e atoparse a Grace Kelly?
Vosotras, las familiares,
inevitables golosas,
vosotras, moscas vulgares,
me evocáis todas las cosas.
¡Oh, viejas moscas voraces
como abejas en abril,
viejas moscas pertinaces
sobre mi calva infantil!
¡Moscas del primer hastío
en el salón familiar,
las claras tardes de estío
en que yo empecé a soñar!
Y en la aborrecida escuela,
raudas moscas divertidas,
perseguidas
por amor de lo que vuela,
-que todo es volar-, sonoras
rebotando en los cristales
en los días otoñales…
Moscas de todas las horas,
de infancia y adolescencia,
de mi juventud dorada;
de esta segunda inocencia,
que da en no creer en nada,
de siempre… Moscas vulgares,
que de puro familiares
no tendréis digno cantor:
yo sé que os habéis posado
sobre el juguete encantado,
sobre el librote cerrado,
sobre la carta de amor,
sobre los párpados yertos
de los muertos.
Inevitables golosas,
que ni labráis como abejas,
ni brilláis cual mariposas;
pequeñitas, revoltosas,
vosotras, amigas viejas,
me evocáis todas las cosas.
[Antonio Machado]
Museo de Serralves, Porto, Portugal