Cando Lagoelas gardou para os teus ollos os seus segredos |
Temos o poder do tempo pasado e do porvir Atlántico, Mediterráneos azuis e solpores metálicos de Aldán.
Vivimos na galerna dos días convencidos de que é o vento que zoa quen nos une na promesa do bris reconfortante dos nosos veráns con Lola ollándonos, irmá de amantes.
Ese mar que admiras mergullada nos silencios de peixes e algas reflexando a cor dos teus ollos, verdesazuis, loiros, son eu, sempre esperando que no meu colo mollado sexas feliz.
Coma quixen que o foses tódolos veráns nos que permanece aquel primeiro de areas leves e cálidas de Areabrava, no que admiramos o milagre desexado de estarmos xuntos.
Coma nos vindeiros trece de setembro, esbarando polo reloxo de area que compón os nosos corpos no abalar das ondas de vivirmos.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario