27/4/10

A lúa agora mesmo


Na noite prostituída polo obsceno lucerío das farolas fernandinas da miña cidade, aparece ela pletórica como atacada de acné fronte ao meu balcón, deixándose fotografar adolescente e poderosa. 
Durmirei hoxe axitado selenita, agochados os seus cráteres entre os cables do teléfono e a miña almofada.

En la noche prostituída por el obsceno lucerío de las farolas fernandinas de mi ciudad, aparece ella pletórica como atacada de acné frente a mi balcón, dejándose fotografiar adolescente y poderosa.
Dormiré agitado selenita, escondidos sus cráteres entre los cables del teléfono y mi almohada.

Sistema solar

23/4/10

Meu tío de América


Saboreo ás veces, con El Luki, El Juan, El Charly, La Vane e La Sara, dividido en vermello por este faro, a magdalena doce dos tempos nos que o casco branco e a cheminea amarela do Santa María transportábanme ao porto de La Guaira, onde, seica, un día Manolo Suárez arribara para facerme soñar toda a infancia coa voz en galego do meu tío en América.

Saboreo a veces con el Luki, El Juan, El Charly, La Vane y La Sara, dividido en rojo por este faro, la magdalena dulce de los tiempos en los que el casco blanco y la chimenea amarilla del Santa María me transportaban al puerto de La Guaira, donde, al parecer, un día Manolo Suárez arribara para hacerme soñar toda la infancia con la voz en gallego de mu tío en América.

Partida hoxe do Saga Ruby do Porto de Vigo

20/4/10

Ghaghán

Mentres o fume vingador do Norte enmudece os ceos da Europa dos mercaderes e dicta telúrico a súa lei de cinzas implacables, como billetes de euro esnaquizados colándose na rapiña de Occidente, o noso Ghaghán preside altivo o milagre do mar erguendo a súa escuma cara ao ceo mentres repite as palabras dos homes dende as súas torres de metal: acudídeme!
E eu lembro ao meu pai diante do Sylvania sesentero dicíndonos "tranquilos, nenos, é do poste"

Mientras el humo vengador del Norte enmudece los cielos de la Europa de los mercadres y dicta telúrico su ley de cenizas implacables como billetes de euro hechos pedazos colándose en la rapiña de Occidente, nuestro Ghaghán preside altivo el milagro del mar alzando su espuma hacia el cielo mientras repite las palabras de los hombres desde sus torres de metal: ayudadme!
Y yo recuerdo a mi padre delante del Sylvania sesentero diciéndonos: "tranquilos, niños, es del poste"

Monte Ghaghán, O Morrazo, Galicia