10/7/13

Daniel






Daniel dobrou mil veces o cabo de Fornos entre cons e areas resumidas. Singladuras incógnitas. Tamén a desta bitácora na que se embarcou sen preguntas. Leva o nordés nas costas salpicadas da salitre que (o) persigue.
Se miro ao horizonte cotián, el sempre está entre as néboas, coa ollada posta onde só el saberá. A cámara (des) enfocándoo é só unha testemuña cómplice do seu estar no mundo.

8/7/13

Nesta calor abafante



O sol e as Cíes pintan de cór e lume esta noite de insomne calor

Ría de Vigo, antonte