15/12/11

Outono, o Vao









O outono tráenos a urdimbre que sustenta a vida, a promesa de revivir: mil minuteiros perdidos no ar, rachando o ceo.

El otoño nos trae la urdimbre que sustenta la vida, la promesa de revivir: mil minuteros perdidos en el aire, rompiendo el cielo.

Códigos QR / Qr Codes
Vigo, praia do Vao

1/12/11

Pompas


Indefectiblemente, as pompas estouran e desaparecen para sempre. Coa mesma futilidade coa que foron creadas, estúpidas e efímeras, esváense no ar sen deixar pegada nin rastro: ou tal vez só unhas poucas pingas molestas de xabrón.
A pedra, redonda, a cordel, solar e pacientemente labrada polo mestre canteiro e o tempo, permanece.

Indefectiblemente, las pompas explotan y desaparecen para siempre. Con la misma futilidad con la que fueron creadas, estúpidas y efímeras, se desvanecen en el aire sin dejar huella ni rastro: o, tal vez, sólo unas pocas gotas molestas de jabón.
La piedra, redonda, a cordel, solar e pacientemente labrada por el maestro cantero y el tiempo, permanece.

Vigo, antigo Cárcere, despois Pazo de Xustiza, agora Museo de Arte Contemporánea

15/11/11

Amarres, 1992

Son anos de galernas e marés, Malpica de Bergantiños, amarrado de norais e estachas, fíos que tecen o debalar do tempo, madeiras cicatrizadas de salitre e pintura ferida, saudades. Un só carrete de 36 diapositivas agfachrome para describir sensacións ocres. A pequena Pentax MX, compañeira --aínda hoxe-- da mirada, naquela mañán sen rumo nin singladura. Todas e cada unha das 36 fotografías daquel día de 1992 acubillaron con complicidade o momento --decisivo?-- condensando desacougos e esperanzas, amarradas ao tempo de calquera ferro portuario, agochadas en cada nasa para descansar nos engados do Atlántico: restos da arribazón.

Son años de galernas y mareas, Malpica de Bergantiños, amarrado de norays y estachas, hilos que tejen el decaer del tiempo, maderas cicatrizadas de salitre y pintura herida, saudades. Un sólo carrete de 36 diapositivas agfachrome para describir sensaciones ocres. La pequeña Pentax MX, compañera --aún hoy-- de la mirada, en aquella mañana sin rumbo ni singladura. Todas y cada una de las 36 fotografías de aquel día de 1992, acogieron con complicidad el momento --decisivo?-- condensando desasosiegos y esperanzas, amarradas al tiempo de cualquier hierro portuario, escondidas en cada nasa para descansar en los cebos del Atlántico: restos de ribazón.











Malpica de Bergantiños, Galicia

21/10/11

Noa e Lola


A asociación nenos e cans remite aos primeiros tempos nos que o Canis lupus e o Homo sapiens se atoparon para facérense compañeiros e amores eternos.

La asociación niños y perros remite a los primeros tiempos en los que el Canis lupus y el Homo sapiens se encontraron para hacerse compañeros y amores eternos.

Vigo

28/9/11

A máis comentada


Seguindo coas curiosidades: esta é a foto que máis comentarios ten da miña galería en Flickr. Con ela --e outras desta serie-- fixo un simpático artigo Xabier Viana na revista Yorokobo.
Destas fotos dos pardais dándose un baño nunha das fontes da Alameda viguesa, tamén hai algunha seleccionada na Pentax Photo Gallery. Foi tamén elixida hai tres meses Picture of the week no Grupo Pentax Art de Flickr... todo un éxito ;-)


Alameda, Vigo

22/9/11

13/9/11

Corenta e catro

Corenta e catro sorrisos trunfando sobre o gume dos coitelos
Cuarenta y cuatro sonrrisas triunfando sobre el filo de los cuchillos
Son as palabras que pronuncias
Soy las palabras que pronuncias

Madrid, ARCO 2011

29/8/11

Promesas








Se imaxino desenlaces, son de lume e esperanza. 
Cae a tarde, e un mencer, así vermello, será a nosa seguinte promesa.

Si imagino desenlaces, son de fuego y esperanza.
Cae la tarde, y un amanecer, así rojo, será nuestra siguiente promesa.

Ría de Vigo

10/7/11

Saúdo ao cair da tarde de verán


Cando a tarde precipita a derradeira luz do sol deste verán recén nomeado, gabea polos pétalos e ilumina impúdica o desexo de vivir para sempre a calidez efímera que se deita no noso xardín e na nosa pel.

Cuando la tarde precipita la última luz del sol de este verano recién nombrado, trepa por los pétalos e ilumina impúdica el deseo de vivir para siempre la calidez efímera que se acuesta en nuestro jardín y en nuestra piel.

Alameda, Vigo

26/6/11

Pescadores de almas (de prata)

Da humilde igrexa de Pedro pescador, a esta igrexa que gasta 150.000 euros nunha custodia de prata, paseada hoxe  por esta cidade en crise: todo tan antigo e reseso!.

De la humilde iglesia de Pedro pescador, a esta iglesia que gasta 150.000 euros en una custodia de plata, paseada hoy por esta ciudad en crisis: todo tan antiguo y caduco!.

Vigo, Alameda

8/5/11

Saudade


Efímero, deixo á saudade nadar entre esmeraldas e augamariñas: ata desfacela.

Efímero, dejo a la saudade nadar entre esmeraldas y aguamarinas: hasta deshacerla.

Vigo, dársena da Laxe

26/4/11

Rapazinhas da Ribeira

Valentes rapacinhas da Ribeira, bautizan cos primeiros soles da primavera portuense o vento que se cola entre os remaches da Ponte de Luis. A seriedade e dramatismo co que afrontaban os choutos, aos ollos da comodidade dos turistas e da miña cámara, conmoveume. Non era un xogo de nenos: era un rito  precedido pola tensión de acenos sutís, discretos, reflexivos, mentres dubidaban no bordo do tableiro cos pes espidos de ferro, concentrándose para o brutal  salto. Non había espectáculo, só drama.
Ensineilles as fotos e case non prestaron atención:  comparado co que acababan de facer, que estiveran retratados ou non debíalles semellar perfectamente irrelevante. Unha fazaña íntima, só compartida polo fato de raparigas e raparigos do bairro de Barredo que, en silenzo, alleos a unha espectación que ignoran, agardan o desenlace encomendándose a deus. Eu era invisible a carón da súa proeza adolescente.
Pasaran só uns días dende que os amos do planeta cadraran as contas que condicionarán aínda máis as súas vidas humildes. Elas, contra eles, trazan no ar os guarismos da liberdade, escribindo no bris que traspasa aceirado dende o Atlántico o discorrer violento do Douro, as cifras que construirán outro mundo.
Elas... voan!!! Elas voan.

Valientes rapaciñas de la Ribeira de Porto, bautizan con los primeros soles de la primavera portuense el viento que se cuela entre los remaches del Puente de Luis. La seriedad y el dramatismo con el que afrontaban los saltos, a los ojos de la comodidad de turistas y de mi cámara, me conmovió. No era un juego de niños: era un rito precedido por la tensión de los gestos sutiles, discretos, reflexivos, mientras dudaban al borde del tablero con los piés desnudos de herro, concentrándose para el brutal salto. No había espectáculo, sól drama. 
Les enseñé las fotos y casi ni prestaron atención: comparado con lo que acababan de hacer, que estuvieran retratados o no les debía parecer perfectamente irrelevante. Una hazaña íntima,sólo compartida por el grupo de repacinhos y rapacinhas del barrio de Barredo que, en silencio, ajenos a una espectación que ignoran, aguardan el desenlace encomendándose a dios. Yo era invisible al lado de su proeza adolescente.
Habían pasado sólo unos días desde que los amos del planeta habían cuadrado las cuentas que condicionarán aún más sus vidas humildes. Ellas, contra ellos, trazan en el aire los guarismos de la libertad escribiendo en la brisa que trapasa acerada desde el Atlántico el discurrir violento del Duero, las cifras que construirán otro mundo.
Ellas vuelan!!! Ellas vuelan.

Ribeira de Porto, Ponte de Luis. Portugal