25/11/15

Carlos Oroza

 

Só foron pasos e palabras, paseos cruzados. El as súas derrotas, eu a miña singladura cotiá, esa senda trazada polo camiñar da cadela ao meu carón.
Gustaba de Lola, non por ser can, que tamén ("son mejores que los humanos"), senon porque tiña ese rabo orgulloso erguido ao bris das beirarúas, bandeira inamputada, ceibe, sen correa, infrinxindo as estúpidas normas municipais.
Xa ninguén nos felicitará, como repetía Carlos, por amar á nosa vella palleira de pelo mouro e darchor en retaguarda.
Foron palabras cruzadas, breves preguntas repetidas, con resposta coñecida polos dous, navalladas ás rúas ás veces, expresión ténue de fartazgo acalmado por ese deambular medido para reafirmarse en ser falante (andante).
Unha escritura xorda formada por pasos, cafés curtos, parolas de amigos breves.

Boto de menos que me fale de Lola,
boto de menos unha soa silueta que me reconcilie con esta cidade.