Afortunadamente, aínda quedan pantasmas no Casco Vello. A eles, tanto lles ten os franceses e a reconquista.Afortunadamente, aún quedan fantasmas en el Casco Antiguo. A ellos les dan igual los franceses y la reconquista.
Praza da Constitución, Vigo
Afortunadamente, aínda quedan pantasmas no Casco Vello. A eles, tanto lles ten os franceses e a reconquista.
Fendido ata alma o castiñeiro do Caurel obsérvame dende o seu ceo verde: dentro del a miña pel a súa, a súa seiva o meu sangue.
Primeiro foron uns xeonllos incansables, naquela cociña matriz sempre co seu arrecendo a leite recén fervido: al paso... al trote... al galooopeee!. Logo cabalguei na alucinante montura da peluquería Loroño -coido que un pinto con moitas horas de galopada no seu lombo-, ao tempo que espallaba anacos de infancia loira polo chan, hoxe en Rio Grande, mañán en Wichita ou aos pés dos bisontes das pradeiras, perseguido por Pawnes, Sioux, Cheiéns, Comanches, Crows, Kiowas ou Arapahoes.
Ás veces esperto erguido sobre a gran onda rozada coas xemas dos dedos para non cair. Ás veces retorno ao mar cabalgando sobre lembranzas de salitre e vento fresco na cara.
Pendurado de ningures atardece o Casco Vello. Abandoado. Sen respostas, amarrada ao Castro esmorece a fábrica do pan coa vergonza de resistir a tanta incuria. Pero a beleza agochada abroia, esbara e penetra no 50mm apostado nas últimas raiolas do día, que a brochazos dourados e azuis poñen fin ao serán na dársena do Berbés. Coma se fosen as derradeiras e eu estivese alí para certificalo coa miña cámara.
Sempre penso: unha estrada deitada sobre o horizonte. Eternamente.
Había case vinte anos que fixera a mesma travesía pola ría de Bilbao. Daquela quedei cautivado pola presencia absoluta da decandencia industrial nas marxes do Nervión, esqueletes de ferro e fumes antigos que me asulagaron os ollos de xigantes moribundos e me encheron dun silenzo de buguinas de fábricas mortas. Cando alguén me preguntaban daquela por Bilbao, eu dixíalles que me fascinaba, co que provocaba no meu interlocutor un aceno de rexeito e incomprensión: -é tan sucio, tan mazacote, tan gris...