22/12/09

Viaxe ao norte de Castela (1)




Fuentes Carrionas. Subindo ao parque natural e dende o seu miradoiro superior.



Santa Eufemia de Cozuelos



Santa Eufemia de Cozuelos



Vallespinoso de Aguilar


Campos de Burgos


Covarrubias


Santa Eufemia de Cozuelos


Subindo a Lois (León)


Lois


Lois






Villaespinoso de Aguilar

Estou seguro de que reverdecerá todo. Onte foron os campos e altiplanos palentinos, campos peiteados por tractores que deambulan entre o horizonte e nós. Campos vermellos que esperan anceiantes un novo cereal, nova vida: que virá. Xente amable, como se fosemos os únicos viaxeiros do mundo e eles se alegrasen de coñecerte. O norte de Palencia está salpicado de igrexas e mosteiros románicos inapelables. No medio dun bosque de carballos, nos que vimos fuxir de nós cervos sabedores de que podemos levar as armas cargadas, o mosteiro de Santa Eufemia de Cozuelos recíbenos cun paseo de álamos libres memorable. Alí, completamente sós, atopamos o noso segundo hobbit (o primeiro foi na igrexa mozárabe de santa María de Lebeña), un ser rupestre comedor de cogumelos, rechoncho, extremadamente amable, co falar único do que mestura o que vive, o que sabe, o que lle gusta, o que debe contar: sen solución de continuidade. No anceio de ver, chegamos mesmo a apalpar de noite a ermida do Barrio de Santa María, xusto despois de ver anoitecer subidos ao penedo imposible sobre o que se ergue a igrexa de Vallespinoso de Aguilar. Sempre sós, sempre con aguias ou abutres sobre as nosas testas, coidándonos. Sei que abroiará todo do novo: os carballos non perden a folla por completo nesta época do ano, como se quixeran aportar á paisaxe os tons marróns e ocres necesarios para dar vida aos prados. As faias fan o sacrificio de desprenderse de todas elas porque a súa función é alfombrar as abas dos montes con esa néboa grisácea coroada da leve pátina maxenta dos seus brotes. Eles prometen repintar, nuns poucos meses, de novas córes a vida dos vales altos. Todo reverdecerá, estou seguro.

4 comentarios:

Manuel López-Benito dijo...

Una mirada atenta nos desvela que estamos ante un artista fotográfico. La lectura del pie de foto nos confirma una sospecha inducida. Detrás del artista late una persona sensible y buena. Un representante genuino de un renacimiento pendiente. Necesario e imperioso visto lo visto. La sociedad acaba con el individuo. Pero el individuo no se resiste a morir. Hay esperanza mientras podamos contemplar tu obra y emocionarnos con tu palabra.

Rafael Ojea dijo...

Grazas Manuel. O conmovedor é, realmente, a paisaxe de Castela. Esas imaxes e esas palabras están destinadas só a ser remexidas polos ventos de inverno no sotobosque de calquera parte; follas marróns que debecen por ser humus doutro bosque que renace. O conmovedor é sempre a amistade, un luxo.

Anónimo dijo...

Hola, Rafa:
Lo primero, muchas gracias por hablar de mi libro y poner el enlace en el foro de Pentax. No sabía de tu faceta de fotógrafo (y además, de los buenos, ya hablaremos) y me complace mucho saber que, además de la afición a la vela tenemos en común la de la fotografía.
Felicidades por tu blog, que me lo apunto en favoritos. Feliz Año.
Ricardo Grobas

Rafael Ojea dijo...

Ola Ricardo, grazas a ti por deleitarnos e ensinarnos a ver con esas magníficas imaxes do porto, da ría e, sobre todo, das súas xentes. Pasei -e paso- moi bos momentos contemplando o teu libro La Ría de Vigo y su Puerto.
Feliz travesía do 2010!