28/3/13

Soños rotos



A penas asomaron a súa alma de papel ás beirarrúas, o seu tempo estaba contado. 
Esta cidade non perdoa a ousadía da beleza anónima sobre os seus muros derrotados.

Apenas asomaron su alma de papel a las aceras, su tiempo estaba contado.
Esta ciudad no perdona la osadía anónima sobre sus muros derrotados.

Vigo centro

5 comentarios:

Ana Bande dijo...

Vaia oh! ¡que mágoa a relación desta cidade coa beleza! e ¿onde estaban?...grazas por poñelos, nunca tan rápido vin eu unha performance "damnatio memoria"...joé!

RO dijo...

Ola Ana, grazas polo teu comentario. A imaxe inferior, co desgarro, aínda está en Pablo Morillo, esquina con Luis Taboada, na Alameda viguesa. Estivo bastante tempo enteira, nese panel de madeira que tapia o oco dunha porta. A primeira --que durou moi pouquiño-- estaba na prolongación de Marqués de Valladares, fronte a entrada posterior da oficina principal de Caixanova (ou como se chame agora esa cova...)
Saúdos!

Voz en off dijo...

As primeiras fotos pertencen a un proxecto da artista e licenciada en Belas Artes pola U. de Vigo Antía Cea que tamén se expuxo no Museo de Pontevedra.

RO dijo...

Grazas polo aporte, Voz en off. Refíreste, evidentemente, non ás fotos, senon ao grafiti en papel que fotografiei antes e depois de ser arrincado, claro.
Poderías aportarnos máis datos desa intervención urbana de Antía Cea?
Saúdos

Voz en off dijo...

Claro, claro.É familia miña. Dáme un mail de contacto e envíoche información. O meu é vagalumevozenoff@gmail.com Graciñas