16/11/14

Com un arbre nu

Illa de Ons
Com un arbre nu
Com un arbre nu,
com dibuix fet al vent,
com un arbre nu,
jo, l'ocell.
Com del mar un port,
món silent,
cau d'amor,
com del mar un port,
jo, el vaixell.
L'infinit tot d'un cop
i el silenci absolut.
Som el món sencer
i també el no-res.
Tanca els ulls: som esperit.
Obre els ulls: som el cos.
Som la llum del sol,
de la nit la foscor.
Com un llibre blanc
on hi ha escrit el meu nom.
Com un llibre blanc,
jo, aquell mot.
Com una cançó,
joc del so
joc del to.
Com una cançó,
jo, l'acord.

Coma unha árbore núa(*)
Coma unha árbore núa
coma debuxo feito ao vento
coma unha árbore núa,
eu, o paxaro.
Coma do mar un porto,
mundo silandeiro,
acubillo de amor,
coma do mar un porto,
eu, o barco.
O infindo todo dun golpe
e o silenzo absoluto.
Somos o mundo sinceiro
e tamén a nada.
Pecha os ollos: somos espírito.
Abre os ollos: somos o corpo.
Somos a luz do sol,
Coma un libro branco
onde está escrito o meu nome.
Coma un libro branco,
eu, aquela verba.
Coma unha canción,
xogo do son
xogo do ton.
Coma unha canción,
eu, o acorde.

Lluis Llach

(*) Traducido por Rafael Ojea

(A Daniel, Xaime e Antón, por aquel día de salitre e saudade compartida)



 Licencia de Creative Commons 

6 comentarios:

daniel dijo...

"Me he sentado en el centro del bosque a respirar.He respirado al lado del mar fuego de luz.Lento respira el mundo en mi respiración".
Antonio Colinas

Xaime dijo...


Ola Rafa, un apunte do meu caderno para acompañar a túa foto.

Teño dúbidas sobre a duración das horas
e cal é o mellor tempo para a chuvia.
Esculco o avanzar do insecto
que paseniño entra no tobo,
adiviño o intre de moverme
para ver de lonxe un horizonte que me asombra.
Síntome libre porque podo palpar a herba,
entrar no mar, sentir que esvara o nordés
por algún dos meus soños, e fainos
voar como ese paxaro que me atravesa
e xa non está comigo, acompañándome
nos pasos que dou por riba das lousas
na mirada que pouso nas árbores
brancas que medran á miña rente,
nese fado que non ten fin
de camiñar extraviado polo bosque.

Xaime dijo...


Rafa, esquecía, esta melodía en youtube de Marcia, para o paseo pola illa do día das fotos.
Para a sobremesa posterior faría falta buscar algo máis canalla.


Márcia com JP Simões - A PELE QUE HÁ EM MIM (Quando o dia entardeceu)

Anónimo dijo...

https://www.youtube.com/watch?v=bWJZtJqQTMs

última actuación de luis llach
verges 2007

RO dijo...

Daniel, Xaime, andabades aquel día diante miña, coas parolas esbarando dende os beizos ata os cons da illa. Ata o mar. Reverberando. Os tres piñeiros mortos golpéanme mentres vos alonxades camiño abaixo; sinto un bris imposible que son marmurios dun tempo no que aínda a frouma revolvíase sobre as herbas; necesito ese aire para respirar, esgotado de acadar o próximo recodo, imposible de articulalo, de comunicalo.
Só a cámara é quen de fixar o instante: ese no que os piñeiros érguense cun orgullo acabado que só eles e o mar poden sentir; e eu avanzo, cara vós, vocalizando saúdos da mañá, constancias de vida, sinalando ás árbores para que contempledes esa honorífica agonía silueteda sobre o Atlántico.

Grazas Daniel, grazas Xaime, polas vosas verbas axitando estas velas.

daniel rodriguez dijo...

tres Pinochos, tres muñecos marginales olvidados en un límite entre nada y lo que viene después. Sólo estaban para esperar que la carcoma los igualara. Pero fuiste vos y los fotografiaste con ese aire a gelatina al bromuro de plata. Seguro que ahora cobran por posar...