13/9/17

Cincuenta


Ela gusta das flores, das que nacen ventureiras e das que se deitan nos prados á espera dos ollos que as constrúan de novo na casa habitada.
Ela gusta das flores cultivadas por xardineiros de antano en sebes exóticas, aboadas de amor e saber de séculos. Das mapoulas supervivintes da seitura nos campos provenzais, das espigas de pan que ondean na chaira de Castela, das mans abertas encallecidas das viñas no outono, dos gabiáns retorcidos no pracer do viño maduro.
Gusta das árbores que abrazan o ceo acollendo un mar invertido de velas brancas de liño e algodón para navegalo coa ollada tenra cando asoma o virazón.
Gusta das maceiras en flor na promesa de que axiña serán a froita prohibida da súa infancia na Coutada.

Eu, observo apaixonado e quedo esa flor cada día como inicio dun campo fértil que sempre promete inmensidade.







 








4 comentarios:

daniel dijo...

ela gosta das flores..e él ?..un poeta..que cho digho eu..un poeta!!

Rafael Ojea dijo...

E gusto dos amigos!!!

Carmen Ojea Pérez dijo...

La belleza....precioso Rafa... Me emociona

maría Ojea dijo...

Ela é flor