23/8/14

26/10/13

Fugas











Mirada, fuxida, perda.
Un punto, un intre de ancoraxe: pararse, permanecer na delgada liña que sustenta os nosos soños. 
Abrir o diafragma, respirar, asegurarse de construir un lugar nítido para contemplar tranquilamente o camiño desenfocado que falta, para rexistrar o tempo fuxido esvarado entre as mans enlazadas cando  pensabamos que aínda non era demasiado tarde.
Abrir o diafragma para amortecer o golpe do sólido: abrir de par en par a porta a esa luz branca.
Fotografar a nada que habita os intersicios das cousas: fuxir, fluir. Vivir.


Mirada, huída, pérdida.
Un punto, un momento de anclaje: pararse, permanecer en la delgada línea que sustenta nuestros sueños. 
Abrir el diafragma, respirar, asegurarse de construir un lugar nítido para contemplar tranquilamente el camino desenfocado que falta, para registrar el tiempo huído que resbaló entre las manos enlazadas cuando pensábamos que aún no era demasiado tarde.
Abrir el diafragma para amortiguar el golpe de lo sólido: abrir de par en par la puerta a esa luz blanca.
Fotografiar la nada que habita los intersicios de las cosas: huir, fluir. Vivir.

13/9/13

Corenta e seis

Esa minúscula parte do cosmos na que nos debuxamos, luz vermella que inscribe os corpos na liña do tempo aos nosos pés; só un trazo, unha caligrafía oriental que nos cita nos outeiros deambulados: sen máis metrónomo có latexo dos pasos: tozudamente un cara ao outro.
Aí, cando xa non medimos o tempo en meses ou anos, senon no rexistro íntimo das paisaxes construídas, nas imaxes formadas no interior dos espazos vívidos --vividos--, nos significantes cifrados, a penas pronunciados, que compoñen o alfabeto dos nosos días percorridos, nas distancias escamoteadas, nos minutos apretados entre os puños para que non foxan sen antes dialogarnos.
Aí, onde só o horizonte limpo é o sentido, sen máis cargas que sabernos, sen máis testemuñas que un sol silandeiro transcribindo, ao agocharse, as nosas sombras.
Hoxe mesmo, no ritual de escribirte.




Esa minúscula parte del cosmos en la que nos dibujamos, luz roja que inscribe los cuerpos en la línea del tiempo a nuestros pies; sólo un trazo, una caligrafía oriental que nos cita en los oteros deambulados: sin más metrónomo que el latido de los pasos: tercamente uno hacia el otro. 
Ahí, cuando ya no medimos el tiempo en meses o años, sino en el registro íntimo de los paisajes construidos, en las imágenes formadas en el interior de los espacios vívidos –vividos--, en los significantes cifrados, apenas pronunciados, que componen el alfabeto de nuestros día recorridos, en las distancias escamoteadas, en los minutos apretados entre los puños para que no huyan sin antes dialogranos. 
Ahí, donde sólo el horizonte limpio es el sentido, sin más cargas que sabernos, sin más testigos que un sol silencioso transcribiendo, al esconderse, nuestras sombras. 
Hoy mismo, en el ritual de escribirte.

10/7/13

Daniel






Daniel dobrou mil veces o cabo de Fornos entre cons e areas resumidas. Singladuras incógnitas. Tamén a desta bitácora na que se embarcou sen preguntas. Leva o nordés nas costas salpicadas da salitre que (o) persigue.
Se miro ao horizonte cotián, el sempre está entre as néboas, coa ollada posta onde só el saberá. A cámara (des) enfocándoo é só unha testemuña cómplice do seu estar no mundo.