22/3/09

Cabaliño

Primeiro foron uns xeonllos incansables, naquela cociña matriz sempre co seu arrecendo a leite recén fervido: al paso... al trote... al galooopeee!. Logo cabalguei na alucinante montura da peluquería Loroño -coido que un pinto con moitas horas de galopada no seu lombo-, ao tempo que espallaba anacos de infancia loira polo chan, hoxe en Rio Grande, mañán en Wichita ou aos pés dos bisontes das pradeiras, perseguido por Pawnes, Sioux, Cheiéns, Comanches, Crows, Kiowas ou Arapahoes.
Tiven tamén durante anos un cabalo de madeira e cartón forrado de tea grosa de lá, un overo de capa negra, producto de horas de pluriemprego e moito amor, co que conquistei boa parte do Oeste.
Moitísimos anos despois, na barbería da rúa Carral, tropecei con este zaino manso e algo tristeiro da foto e lembrei os tempos nos que vivir e trotar polas chairas da imaxinación era exactamente o mesmo.

Primero fueron unas rodillas incansables, en aquella cocina matriz siempre con su olor a leche recién hervida: al paso... al trote... al galoopee!. Luego cabalgué en la alucinante montura de la peluquería Loroño -creo que un pinto con muchas horas de galopada a sus espaldas-, al tiempo que esparcía pedazos de infancia por el suelo, hoy en río Grande, mañana en Wichita o a los pies de los bisontes de las praderas, perseguido por Pawnes, Sioux, Cheyenes, Comanches, Crows, Kiowas o Arapahoes.
Tuve también durante años un caballo de madera y cartón forrado de tela gruesa de lana, un overo de capa negra, producto de horas de pluriempleo y mucho amor, con el que conquisté buena parte del Oeste.
Muchísimos años después , en la barbería de la calle Carral, tropecé con este zaino manso y algo tristón de la foto y me acordé de los tiempos en los que vivir y trotar por las llanuras de la imaginación era exactamente lo mismo.

Rúa Carral, Vigo

3 comentarios:

RO dijo...

Antonio refrescou hoxe a miña memoria: o cabaliño que lembro non é da peluquería Loroño, senon da de Limeses, a carón da carnicería de Cholo, na casa de Pernas. Afirma, ademais, que este alazán da foto é o mesmo que montamos de cativos trasladado á rúa Carral. E terá razón.

Anónimo dijo...

Esqueciches as latas de Cola-Cao litografiadas coas fabas, garavanzos e lentellas que enchían os estantes da cociña que cheiraba a leite. Acredito Brites Alfonso

RO dijo...

Xa sabes, Brito, que o cheiro, relmente era a leite queimada, tanta boca a almorzar facía que nalgún momento o fevidor vertese ao fornillo da cociña de ferro. Os botes de colacao que lembras perduraron moito tempo en Coia e penso que quedará algún nalgunha sombra.