27/1/09

Zapatos


Son os zapatos do homeless portugués elegante, aireándose no espigón do Náutico mentres pon ao clareo a súa roupa interior e aproveita para purificar os pulmóns (é moito bom face-lo, di).
Mágoa que el non saiba como arrebolalos contra o mundo!

Son los zapatos del homeless portugués aireándose en el espigón del Náutico de Vigo mientras pone al clareo su ropa interior (siempre va muy limpio y bien vestido) y aprovecha para purificar los pulmones (é moito bom face-lo dice).
Lástima que el no sepa como arrojarlos contra el mundo!

Espigón do Náutico, Vigo

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Benquerido amigo :


Hai anos que, meu benquerido amigo, sinto envexa e admiración –compre dicilo- daquela eficacia plena de erudicion coa que os meus queridiños veciños lusitanos evitaban-lo tópico e a mediocridade nos seus plantexamentos medio ambientales.
É de xustiza salientar-lo. Persoalmente, agrádano- la estampa de aqueles xardíns do bo gusto, con seus chafarices, árbores nobres para celebra-la amizade e identidade ali creada. Xardíns cultos serviciales e integrados cáseque litúrxicamente no cheirume de seus veciños do Concello. O que mais me impresionou cando era neno de Portugal, foi o barato que tiña que ser todo aquelo do embelezemento da cidade, xa que de outra maneira tiña de ser de todo punto imposible, no medio da pobreza extrema que sofría o pobo nos xa lonxanos Sesentas. E por iso que sua imaxen e texto devolve-me alá

Una aperta,

Brites Inacio Alfarrobeira Raposo

Lanhelas, 28 de Janeiro de 2009

RO dijo...

Que ledicia Brites atopalo por aquí, sempre coa súa saudade desa mediapátria súa portuguesa.
Aproveito a ocasión para lembrarlle que temos dende hai anos un compromiso de visita mútua, sempre retrasada polos seus problemas de saúde (que espero a estas alturas estean plenamente superados!). Supoño que finalmente, como vexo que anda aínda por aí, irei eu á casa de Lanhelas, para min tamén tan cheia de lembranzas.
Que sirva tamén de saúdo a foto do día de Vento nas Velas para hoxe: a súa (e miña) benamada Porto.
P.S. Vexo que segue practicando o seu singular exercizo lingüístico de fusión lusogalaica! unha boa idea cando en Galicia seguimos sen resolver a satisfacción os temas normativos (xa non digamos os de normalización!)
Unha forte aperta do seu amigo