A imaxe é o outono, coas derradeiras follas amarelas amarradas á árbore, resistíndose a cair, pintando o ceo de calma e trebón que hoxe peneirou sobre Vigo.
Todo semella rematar, pero voltarán a abroiar: primeiro pequenos gromos verdes nas ponlas, asomando un narís pequeno ao primeiro sol da primavera, cheirando a nova vida. Logo, unha mañán, o estourido: a árbore pletórica vístese para regalarnos a sombra dos nosos paseos case eternos, no momento preciso no que creiamos que todo sería invernada, no momento, mesmo, en que esta parecianos atractiva.
Voltará a árbore a adornar os seus dedos longos coas follas novas. Voltará a lembrarnos que o tempo pasa, que o tempo retorna e que a aquelas vellas follas de outono, a beleza dun vento frío levounas para sempre.
La imagen es el otoño, con las últimas hojas amarillentas amarradas al árbol, resistiéndose a caer, pintando el cielo de calma y tormenta que hoy se cernió Vigo. Todo parece acabar, pero volverán a brotar: primero pequeñas puntas verdes en las ramas, tímidas, asomando una nariz pequeña al primer sol de primavera, olisqueando la nueva vida. Luego, una mañana, la explosión: el árbol pletórico se viste para regalarnos la sombra de nuestros paseos casi eternos, en el momento justo en que creíamos que todo iba a ser invernada, en el momento, incluso, en que ésta nos parecía atractiva.
Volverá el árbol a adornar sus dedos largos con las hojas nuevas. Volverá a recordarnos que el tiempo pasa, que el tiempo retorna y que a aquellas viejas hojas de otoño, la belleza de un viento frío, las llevó para siempre.
Vigo, Alameda.
22/11/10
Outonea nos teitos da cidade
Etiquetas:
Natureza e Paisaxe,
Pentax F 50/1´7,
Vigo
12/11/10
Herminio Barreiro
Fóisenos e só me vén á memoria o claustro de Fonseca, baleiro e frío. Tan cheo de vida como o ocupamos nos anos mozos nos que te compartimos!. Saudade hoxe na poalla da morte. Conciencia da súa voz grave, pausada, chea de paz, colo de conversas insaciables que nos fan humanos, mestre.
É o tempo... é o tempo fuxindo entolecido, que amosa a súa faciana colándose nos corredores da facultade, nos labirintos da utopía relatada. Herminio coñecía e coidaba como un pai a nosa limpa ollada adolescente, fascinada pola letanía suave coa que se pronuncia a palabra libertade. Con el impregnamos as pedras de Santiago de promesas e solidariedade e fumos, por un momento, sabios. Con el sentimos discurrir admirados a filosofía de Marx estourando na radical humanidade do seu maxisterio e soubemos xa para sempre que era a hora de que o noso pensamento axudase a transformar o mundo. E se algunha vez quixemos ter a ousadía de ser educadores, quixemos ser el, sen fisuras: poder acadar o privilexio da palabra que acariña e produce a paz esencial do espírito e o anceio profundo do coñecemento e o compromiso.
¡Que ledicia ser un alumno teu, ser o teu amigo!. Cánto me alegro de haberme podido despedir de ti hai xa oito meses, naquela tenra comida á beira da túa casa natal, compartindo os adeuses que intuiamos; con Daniel, con Xaime, con Antón --con Siso que non estaba, pero estaba--, con quenes tanto queremos!. Na túa ollada estaba aquel día agochado o barqueiro --negámonos a aceptalo--, o principio do camiño de retorno que agora emprendiches, entre aquelas fechas de viño, do teu sorriso acompasado con ese parolar das mans que sempre me impresionou: adeus meus amigos, vou canso.
Daquel día son estas fotos, necesariamente movidas, desenfocadas pola clandestina irrupción da morte anunciándose.
Non puiden despedirme de ti no cemiterio, acompañarte cos meus amigos de antes, cos meus amigos de sempre; nin vislumbrar entre a néboa o bogar do barqueiro na travesía dende o pálpito da vida ata a miña memoria onde agora resides placenteiramente para sempre.
Adeus, mestre amigo!

24/10/10
Pracer de dársena
Sentado nas derradeiras escadas de pedra que dan ao mar, deixo diluir palabras na superficie doce e hipnótica das augas calmas, mentres se desfán as frases ocas que ateigan os miolos desta cidade.
Deitada ao meu carón, Lola observa, cun arquexo rítmico e sosegado, o ciclo intranscendente das ondas na dársena pesqueira do Berbés.
Os dous sorrimos cómplices: eu máis can, ela máis persoa.
Sentado en las últimas escaleras de piedra que dan al mar, dejo diluir palabras en la superficie dulce e hipnótica de las aguas calmas, mientras se deshacen las frases hueras que llenan la médula de esta ciudad.
Tumbada a mi lado, Lola observa, con un jadeo rítmico y sosegado, el ciclo intranscentende de las ondas en la dársena pesquera de O Berbés.
Los dos sonreímos cómplices: yo más perro, ella más persona.
Dársena do Berbés, Vigo

"Pentax Photo Gallery",
Abstractas,
Pentax DA* 50-135/2´8,
Pentax K7
12/10/10
Soidade
Etiquetas:
"Pentax FA 80-200/2´8",
B/N,
Pentax K7
6/10/10
Estrela
¡Ai dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!
(De Manuel Curros Enríquez-1891 a Rosalía de Castro)
¡Ay de los que llevan en la frente una estrella!
¡Ay de los que llevan en los labios un cantar!
(De Manuel Curros Enríquez -1891 a Rosalía de Castro)
Inmaturo de Gaivota patiamarela (?)
Etiquetas:
"Pentax FA 80-200/2´8",
"Pentax Photo Gallery",
Aves,
Flora e fauna,
Pentax K7
13/9/10
Corenta e tres
ela é cada verán que comeza
ela é cada verán que esmorece nas praias do seu sorriso sempre
ela é o froito vermello que aluma a esperanza do mundo
a flor da adormideira na terra nutricia.
eu, a onda que acouga nos marés vivos do seu setembro

31/8/10
A sombra da tarde é alongada
Nos seráns de agosto a nosa sombra persegue o soño de ser importante e eterna: xusto antes de morrer.
En las tardes de agosto nuestra sombra persigue el sueño de ser importante y eterna: justo antes de morir.
En las tardes de agosto nuestra sombra persigue el sueño de ser importante y eterna: justo antes de morir.
Etiquetas:
"Pentax FA 80-200/2´8",
"Pentax Photo Gallery",
B/N,
Vigo
18/8/10
Arroás
Ao tempo que camións de entullo e vergonza enchen a ría, eles nadan á nosa beira marmuriándonos ao ouvido, feríndonos a vista cos seus choutos de metal: sálvanos!.
E penso que aínda hai milagres.
Irmán arroás!
Al tiempo que camiones de escombro y vergüenza llenan la ría, ellos nadan a nuestro lado murmurándonos al oído, hiríendonos la vista co sus saltos de metal: sálvanos!.
Y pienso que aún hay milagros.
Hermano arroás!
Arroás -Delfín mular- (Tusriops truncatus), na ría de Vigo.
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]
E penso que aínda hai milagres.
Irmán arroás!
Al tiempo que camiones de escombro y vergüenza llenan la ría, ellos nadan a nuestro lado murmurándonos al oído, hiríendonos la vista co sus saltos de metal: sálvanos!.
Y pienso que aún hay milagros.
Hermano arroás!
Arroás -Delfín mular- (Tusriops truncatus), na ría de Vigo.
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]
Etiquetas:
"Pentax FA 80-200/2´8",
"Pentax Photo Gallery",
Flora e fauna,
Natureza e Paisaxe,
Pentax K7
24/7/10
Noli me tangere
Etiquetas:
Pentax FA* 300/4´5,
Pentax K7
21/7/10
Pensamentos
Axítanse no meu cerebro bolboretas e logo palabras para que ti as escoites como xorden nas bocas admiradas: da cór intensa da vida.
Se agitan en mi cerebro mariposas y luego palabras para que tú las escuches como surgen de las bocas admiradas: del color intenso de la vida.
Saint-Remy-de-Provence
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]
Se agitan en mi cerebro mariposas y luego palabras para que tú las escuches como surgen de las bocas admiradas: del color intenso de la vida.
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]
Etiquetas:
"Pentax Photo Gallery",
Natureza e Paisaxe,
Pentax,
Pentax DA* 50-135/2´8,
Pentax K7,
Provenza,
Viaxes
30/6/10
A familia bufo (Bubo bubo)
Gústame como manifestan curiosidade e interese no seu ollar, como interrogan a miña liberdade dende a súa gaiola. Gústame a expresión inxenua e perdida do polo nacido en cautividade: non hai noites de caza e campo aberto na súa ollada estrábica e no seu sorriso de inmaturo.
Síntome cómplice do irmán bufo que me chisca o ollo: os dous sabemos.
Ollos inormes para contemplar o mundo cautivos; ¡que non soñarán daquel tempo perdido de reixas de ponlas e vento!
[Bufos (Bubo bubo) en cautividade no parque ornitolóxico de Pont de Gau en La Camargue, Provenza]
Me gusta cómo manifiestan curiosidad e interés en su mirar, cómo interrogan mi libertad desde su jaula. Me gusta la expresión ingénua y perdida del pollo nacido en cautividad: no hay noches de caza y campo abierto en su mirada estrábica y en su sonrisa de inmaduro.
Me siento cómplice del hermano buho que me guiña en ojo: los dos sabemos.
Ojos enormes para contemplar el mundo cautivos; ¡qué no soñarán de aquel tiempo perdido de rejas de ramas y viento!
[Buhos (Bubo bubo) en cautividad en el parque ornitológico de Pont de Gau en La Camargue, Provenza]
La Camargue, Provenza, Francia
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]
Síntome cómplice do irmán bufo que me chisca o ollo: os dous sabemos.
Ollos inormes para contemplar o mundo cautivos; ¡que non soñarán daquel tempo perdido de reixas de ponlas e vento!
[Bufos (Bubo bubo) en cautividade no parque ornitolóxico de Pont de Gau en La Camargue, Provenza]
Me gusta cómo manifiestan curiosidad e interés en su mirar, cómo interrogan mi libertad desde su jaula. Me gusta la expresión ingénua y perdida del pollo nacido en cautividad: no hay noches de caza y campo abierto en su mirada estrábica y en su sonrisa de inmaduro.
Me siento cómplice del hermano buho que me guiña en ojo: los dos sabemos.
Ojos enormes para contemplar el mundo cautivos; ¡qué no soñarán de aquel tiempo perdido de rejas de ramas y viento!
[Buhos (Bubo bubo) en cautividad en el parque ornitológico de Pont de Gau en La Camargue, Provenza]
La Camargue, Provenza, Francia
[Foto seleccionada na Pentax Photo Gallery]
Etiquetas:
"Pentax Photo Gallery",
Aves,
Natureza e Paisaxe,
Pentax DA* 50-135/2´8,
Pentax K7,
Viaxes
24/6/10
Con Van Gogh no corazón

Alí, onde a paz, por efímera que sexa, vístese de espiga e sanga beleza de mapoulas e adormideira
Allí, donde la paz, por efímera que sea, se viste de espiga y sangra belleza de amapolas y adormidera
Xardín do Hospital de Saint Paul, Saint-Remy-de-Provence
Etiquetas:
Natureza e Paisaxe,
Pentax,
Pentax DA* 16-50/2´8,
Pentax DA* 50-135/2´8,
Provenza,
Viaxes
13/5/10
Viño do Porto
Presenciar como Porto se esvae sumido entre pontes, coa cabeza en Vila Nova de Gaia e os pés na Foz atlántica. Deixar as palabras fluir polo solpor do viño doce libado nas abas rabuñadas hai mil anos ao Douro. Contemplarnos quedos ollando o pasar do tempo sen culpa. Vivir.
Presenciar como Oporto se desvanece sumido entre puentes, con la cabeza en Vila Nova de Gaia y los pies en la Foz atlántica. Dejar las palabras fluir por el atardecer del vino dulce libado en las laderas arañadas hace mil años al Duero. Contemplarnos tranquilos mirando pasar el tiempo sin culpa. Vivir.
Vila Nova de Gaia, Portugal

Bodegón e natureza morta,
K10D,
Oporto,
Pentax DA18-55/3´5-5´6
8/5/10
Ventureiras II
Espantadas dos parterres, ceibadas das burocracias dos xardíns, erguen o colo dende as fendas mariñeiras dos peiraos da Laxe, arrecenden imperfectas libertarias a salitre e a virazón, cando contemplan, ruborizándose efímeras, esas augas trémulas da dársena que lembran aos incrédulos que o Atlántico remata cada día aos nosos pés.
Ventureiras I
Espantadas de parterres, liberadas de las burcracias de los jardines, levantan el cuello desde las grietas marineras de los muelles de A Laxe, huelen imperfectas libertarias a salitre y a brisa, cuando contemplan, ruborizándose efímeras, esas aguas trémulas de la dársena que recuerdan a los incrédulos que el Atlántico termina cada día a nuestros pies.
Ventureiras I
Dársena de A Laxe, Vigo

Pentax A* 200/4 macro,
Pentax K7
27/4/10
A lúa agora mesmo
Na noite prostituída polo obsceno lucerío das farolas fernandinas da miña cidade, aparece ela pletórica como atacada de acné fronte ao meu balcón, deixándose fotografar adolescente e poderosa.
Durmirei hoxe axitado selenita, agochados os seus cráteres entre os cables do teléfono e a miña almofada.
En la noche prostituída por el obsceno lucerío de las farolas fernandinas de mi ciudad, aparece ella pletórica como atacada de acné frente a mi balcón, dejándose fotografiar adolescente y poderosa.
Dormiré agitado selenita, escondidos sus cráteres entre los cables del teléfono y mi almohada.
Sistema solar
23/4/10
Meu tío de América
Saboreo ás veces, con El Luki, El Juan, El Charly, La Vane e La Sara, dividido en vermello por este faro, a magdalena doce dos tempos nos que o casco branco e a cheminea amarela do Santa María transportábanme ao porto de La Guaira, onde, seica, un día Manolo Suárez arribara para facerme soñar toda a infancia coa voz en galego do meu tío en América.
Saboreo a veces con el Luki, El Juan, El Charly, La Vane y La Sara, dividido en rojo por este faro, la magdalena dulce de los tiempos en los que el casco blanco y la chimenea amarilla del Santa María me transportaban al puerto de La Guaira, donde, al parecer, un día Manolo Suárez arribara para hacerme soñar toda la infancia con la voz en gallego de mu tío en América.
Partida hoxe do Saga Ruby do Porto de Vigo
Etiquetas:
Pentax K7,
Ría de Vigo,
Vigo,
Vivitar Series 1 35-85
20/4/10
Ghaghán
Mentres o fume vingador do Norte enmudece os ceos da Europa dos mercaderes e dicta telúrico a súa lei de cinzas implacables, como billetes de euro esnaquizados colándose na rapiña de Occidente, o noso Ghaghán preside altivo o milagre do mar erguendo a súa escuma cara ao ceo mentres repite as palabras dos homes dende as súas torres de metal: acudídeme!
E eu lembro ao meu pai diante do Sylvania sesentero dicíndonos "tranquilos, nenos, é do poste"
Mientras el humo vengador del Norte enmudece los cielos de la Europa de los mercadres y dicta telúrico su ley de cenizas implacables como billetes de euro hechos pedazos colándose en la rapiña de Occidente, nuestro Ghaghán preside altivo el milagro del mar alzando su espuma hacia el cielo mientras repite las palabras de los hombres desde sus torres de metal: ayudadme!
Y yo recuerdo a mi padre delante del Sylvania sesentero diciéndonos: "tranquilos, niños, es del poste"
Monte Ghaghán, O Morrazo, Galicia

15/4/10
Anxos urbanos
Etiquetas:
Aves,
Pentax FA* 300/4´5,
Pentax K7
9/4/10
Beixo
24/3/10
Suscribirse a:
Entradas (Atom)