9/10/12
Axexando as luces da noite
Esa luz impostora reconstrúenos, cando as sombras da noite e a nosa propia sombra, fuxida ao solpor, ameazan con deixarnos xa para sempre perdidos e sós.
Esa luz impostora nos reconstruye, cuando las sombras de la noche y nuestra propia sombra, huída al atardecer, amenazan con dejarnos ya para siempre perdidos y solos.
Bilbao
Etiquetas:
B/N,
Bilbao,
K5,
Nocturnas,
Pentax FA 35/2
13/9/12
Corenta e cinco
Ou non é, finalmente, cruzar as pontes, deambular as rúas, deixar pegadas, pintar de vermello os horizontes, percurar a luz, amosar as nosas sombras sen temor, relucir na tarde, estourar entre as nubes...?
Vivir, camiñar unidos deixando que o tempo só roce suave, moi suave, a nosa pel cómplice.
26/8/12
Neil Armstrong
Tiña doce anos e a penas puiden conter o sono en branco e negro daquela madrugada; na dormevela creín que só meu pai e mais eu eramos testemuñas do que estaba a ocorrer alí, no marco daquel Silvania extraordinario, no branco horizonte redondo do espazo soñado sobre as nosas cabezas.
Cada vez que ela asoma de novo e gardo os seus ollos coa miña cámara, lembro aquel día no que Neil Armstrong, meu pai e mais eu, deixamos a nosa pegada na lúa e no vello salón da nosa casa destruída.
Só para agradecerche aquela madrugada, na dormevela adolescente, meu pai, eu, e o soño da lúa compartido.
Tenía doce años y apenas pude contener el sueño en blanco y negro de aquella madrugada; en la duermevela creí que sólo mi padre y yo eramos testigos de lo que estaba ocurriendo allí, en el marco de aquel Silvania estraordinario, en el blanco horizonte redondo del espacio soñado sobre nuestras cabezas.
Cada vez que ella asoma de nuevo y guardo sus ojos con mi cámara, recuerdo aquel día en el que Neil Armstrong, mi padre y yo, dejamos nuestra huella en la luna y en el viejo salón de mi casa destruída.
Sólo para agradecerte aquella madrigada, en la duermevela adolescente, mi padre, yo, y el sueño de la luna compartido.
O espazo dende o meu balcón
Lagoelas, Cangas
Etiquetas:
K5,
Neil Armstrong,
Pentax FA* 300/4´5
24/8/12
Metal de mar (∝)
Alfa
Soñan, varados, que todo volverá ao principio de ondas feridas e inormes cardumes atrapados, bodegas cheas, Namibia, Gran Sol, Terranova, Mar do Norte.
No sol primeiro da tarde do Berbés, a queixa do aceiro é ferruxe esbarando polos cascos, bágoas vermellas por un tempo que xa ninguén reiniciará.
Sueñan, varados, que todo volverá al principio de olas heridas y enormes cardúmenes atrapados, bodegas llenas, Namibia, Gran Sol, Terranova, Mar del Norte.
En el sol primero de la tarde de O Berbés, la queja del acero es óxido resbalando por los cascos, lágrimas rojas por un tiempo que ya nadie reiniciará.
Dársena do Berbés, Vigo
Etiquetas:
Berbés,
K5,
Pentax K 135/2´5
16/8/12
Metal de mar
Os cascos dos barcos, feridos de océano, sangan o ferruxe do Atlántico esquilmado, contabilizan o fin das súas singladuras, sinalan a terra e os despeces. Os pesqueiros do porto de Vigo, máis que atracados, varados, capturan a paleta ocre e añil dos horizontes de Cíes bañados polo sol trala galerna. Se apalpo o seu aceiro canso sinto prolongárseme a pel na marea vívida e fría na que sobreviven, e fondeo eu tamén entre os chíos dos pirrís e as azas despregadas ao sol do cormorán, como un arrolo no que pecho os ollos e acougo no deixar fluir deste tempo de verán que quero infindo.
Eles e mais eu no colo da dársena do Berbés das augas calmas.
Los cascos de los barcos, heridos de océano, sangran el óxido del Atlántico esquilmado, contabilizan el fin de sus singladuras, señalan la tierra y los desguaces. Los pesqueros del puerto de Vigo, más que atracados, varado, capturan la paleta ocre y añil de los horizontes de Cíes bañados por el sol tras la galerna. Si palpo su acero cansado siento prolongárseme la piel en la marea vívida y fría en la que sobreviven y fondeo yo también entre los chillidos de los charranes e las alas desplegadas al sol del cormorán, como un arrullo en el que cierro los ojos y descanso en el dejar fluir de este tiempo de verano que quiero infinito.
Ellos y yo en el regazo de la dársena de O Berbés de las aguas calmas.
Etiquetas:
Berbés,
K5,
Pentax A 50/1´4,
Porto de Vigo,
Vigo
11/7/12
Entre o branco e o negro
![]() |
Discorren as sombras da cidade, fuxindo do túnel, arrastrando as antigas olladas perdidas. Deica o final.
Discurren las sombras de la ciudad, huyendo del túnel, arrastrando las antiguas miradas perdidas. Hasta el final.
Vigo, Berbés
Vigo, Marqués de Valladares
Raxó
Etiquetas:
B/N,
K5,
Pentax F 50/2¨8 macro,
Pentax K 15/3^5,
Pentax Photo Gallery
28/6/12
Gatos
Etiquetas:
"Pentax Photo Gallery",
Pentax FA* 77/1´8 limited
11/6/12
Perdidas nos prados
Entre os tréboles, diminutas: tan soas, tan delicadas, tan bellas!
Milagres dos ourives que habitan os prados
Etiquetas:
Flora e fauna,
K5,
Macros,
Pentax F 50/2´8 macro
4/6/12
Hala Celta! en primeira!!
Celebración do ascenso do Celta de Vigo a Primeira División de Fútbol. Praza de América, Vigo
Etiquetas:
K5,
Pentax DA* 16-50/2´8,
Vigo
23/5/12
Na vella conserveira do Hío
Só antronte, as mans de mulleres do mar de Aldán acariñaban feixes de xoubas que deitaban no aceite de metal, aquí mesmo, onde dormen para sempre os restos da arribazón fabril; cristais rotos dun tempo fallido. Fiestras que se abren dende a nada á salitre. Un ollo suplicante que marca o fin dun tempo de traineras e racús. Só hai nada envolvida nestes muros que respiran, xa sen nada que acobillar, máis que saudades. Non hai voces de capataces, nin son de máis máquina cá do marés medrando no vello peirao arriba, reclamando. Non hai muros, só ventáns que buscan ferir as veas das paredes, para que entren as aves mariñas a devorar os esqueletes de sardiñas, rinchas, xurelos e alcriques que xacen nas pantasmas da memoria rota da factoría.
Só un ollo que te observa e te interroga entre tanto baleiro e tanta beleza do xa non.
Alí enfronte, baixo as espadanas de san Cibrán, na vella aldana, nos líquenes do cemiterio mariño, un nome nunha lápida lémbranme que, dalgunha maneira, eu tamén son de alí: de vellas historias e vellas perdas.
Sólo anteayer, las manos de mujeres del mar de Aldán acariciaban haces de xoubas que acostaban en el aceite de meral, aquí mismo, donde duermen para siempre los restos de la arribazón fabril; cristales rotos de un tiempo fallido. Ventanas que se abren desde la nada al salitre. Un ojo suplicante que marca el fin de un tiempo de traineras y racús. Sólo hay nada envuelta en estos muros que respiran, ta sin nada que esconder, más que saudades. No hay voces de capataces, ni sonido de más máquina que la de la marea creciendo en el viejo muelle arriba, reclamando. No hai muros, sólo ventanas que buscan herir las venas de las paredes, para que entren las aves marinas a devorar los esqueletos de sardinas, caballas, jurelos y agujas que yacen en los fantasmas de la memoria rota de la factoría.
Sólo un ojo que te observa y te interroga entre tanto vacío y tanta belleza del ya no.
Allí enfrente, bajo el campanario de san Cibrán, en la vieja aldana, en los líquenes del cementerio marino, un nombre en una lápida me recuerda que, de alguna manera, yo también soy de allí: de viejas historias y viejas pérdidas.
Antiga Fábrica de Curbera, Hío, Aldán
Etiquetas:
Aldán,
Hío. K,
K5,
Natureza e Paisaxe,
Pentax A* 85/1´4,
Pentax FA 31/1´8 limited
29/4/12
Máis alá
Etiquetas:
K5,
Pentax FA* 28-70/2´8,
Ría de Vigo
17/4/12
Columnas do ceo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















































